Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Crecente
Parroquia: A Ameixeira (San Bernabeu)
Lugar: A Ameixeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificación feita no ano 1821 a base de perpiaño granítico, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás na ábsida que é a catro con pináculos de bola nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso alintelada. Máis arriba unha fiestra cadrada enmarcada.
O conxunto remata nunha espadana de dous andares e ocos de arco de medio punto, pináculos de bola e cruz pétrea no cume.

En tempos pasados, a parroquia de Ameixeira estaba atendida pola capela de San Colmede, a cal foi derrubada para axudar coas súas pedras a construír a actual igrexa parroquial de Filgueira, parroquia da que San Colmede era un anexo.
Os veciños de Ameixeira fan unha reclamación ao bispo para desligarse da tutela de Filgueira e contar con igrexa parroquial propia que será construída no Século XVIII-XIX co beneficio outorgado polo bispo e a axuda veciñal.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031344
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa podemos ver unha imaxe tallada polo escultor do Condado, Lucas Vázquez Ribera, a mediados do século XIX.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

imaxe tallada polo escultor do Condado, Lucas Vázquez Ribera a mediados do século XIX.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 8)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.crecente.es/gl/iglesia-de-san-bernabe.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2132654991
Lonxitude: -8.22225815597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84