Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Crecente
Parroquia: O Freixo (San Roque)
Lugar: O Freixo
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de Soutomaior
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte dunha parede dunha edificación privada.
A fornela, de arco escarzano, garda un retablo pétreo que semella de factura algo maís moderna que o resto. Nel podemos ver á Virxe co Neno no colo e a catro almiñas no Purgatorio, un deles cunha mitra e outro dándolle a mán á Virxe.
Na pedra que fai de mesa vemos o caixón das esmolas protexido cunha tampa metálica.
Na parte superior unha pedra que fai de cuberta plana.

O peto posúe unha inscrición na moldura que recorre o exterior da fornela:
“HOY XNOS Y MA
ÑA XA VOS”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031370
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 19)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

ENLACES LEXISLACIÓN
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1598895741
Lonxitude: -8.19906383478
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84