Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Crecente
Parroquia: Angudes (San Xoán)
Lugar: A Carreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVIII edificada sobre unha pequena ermida da que non quedan restos.
A edificación está feita a base de perpiaño granítico, con planta rectangular, cuberta a dúa augas e pináculos nos extremos.
A fachada principal presenta unha porta de acceso doelada. Máis arriba un ocelo con moldura plana e derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana de dobre van con arcos de medio punto, e coroada con pináculos no extremos e cruz pétrea de remate.
A igrexa de San Xoán de Angudes comezouse a construír no ano 1703 cando lle foi contratada ao mestre canteiro Sr. Tomé de Sampaio por 300 ducados.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000031349
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa destaca o retablo da Crucifixión situado nunha das capelas laterais.
Este retablo, do século XVII, consta de mesa de altar, predela, un corpo de tres rúas e un ático, todo en madeira de castaño.
Este retablo foi restaurado no ano 2011.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CRECENTE/documents/0774CA001.PDF (Páxina 10)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.crecente.es/gl/iglesia-de-san-juan-bautista.htm
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/04/13/angudes-planta-cara-termitas/535495.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1786310936Lonxitude: -8.18439441871
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84