Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole, Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar:
Outra denominación do ben: Parroquial de San Salvador de Coruxo
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Está situada á beira da estrada de Camposancos e trátase da parroquial de Coruxo. A súa cabeceira data do século XII, sendo o resto do templo dunha época posterior; nun principio funcionou como Mosteiro dependente do de Melón. Inicialmente debeu estar formada por unha planta basilical quedando a día de hoxe só as ábsidas da capela maior (tres), sendo a central a de maior altura e porte. No exterior podemos ver diferentes xanelas semicirculares varias delas adornadas con arquivoltas e capiteis con diferentes formas. O interior composto por arcos triunfais e de medio punto, e diferentes tipos de bóvedas que sosteñen un teito de tella do pais. Destaca o adro do templo, onde podemos ver dous fermosos cruceiros e unha oliveira centenaria.
No PXOM de Vigo aparece relacionada cunha necrópole.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36057039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://xosecounhago.com/?p=12

IGREXA:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf

NECRÓPOLE:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca029.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O conxunto parroquial formado pola igrexa e os cruceiros, situados dentro do adro, atópanse en bastante bo estado de conservación. A necrópole situada ao carón do conxunto atópase en moi mal estado de conservacion, está alterado por varias obras e sen ningún tipo de señalización nen uso, aparte da gran cantidade de maleza que o cubre.


Onde está localizado

Latitude: 42.18856354023916
Lonxitude: -8.776735067367554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84