Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Betanzos
Parroquia: Piadela (San Estevo)
Lugar: Igrexario de Piadela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo de Piadela foi construído no século XVIII, concretamente no ano 1728, situándose nun contorno rural e xusto fronte a igrexa parroquial de Santo Estevo.
A planta disponse nun formato en escadra, tanto na parte principal como na posterior. Presenta planta baixa máis un primeiro andar con fábrica de cachotería e con sillería de granito en vans, esquinais e cornixa.
Na parte máis desenvolvida da fachada principal presenta ademais dos catro vans con mainel, un escudo de armas moi ornamentado, como corresponde á época de construción do pazo, que foi encargado por D. Juan Sánchez Vaamonde, arcediago da Catedral de Santiago.
Na planta baixa, amosa dúas portas grandes de arco de medio punto coas dovelas de granito, e entre elas unha bufarda.
No lateral esquerdo, ollamos unha solaina con acceso a primeira planta lateral coas escaleiras con baranda e columnas de granito que sosteñen o teito.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca003.PDF (Páxs. 21-22).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2710873854Lonxitude: -8.24987409536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 19, 2018
https://vimeo.com/206151625