
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pombal,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santa María de Couso de Limia
Lugar: Couso de Limia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pombal de forma cilíndrica, situado no medio dunha finca moi preto do Pazo do Telleiro. Os muros son de perpiaño de boa fábrica, tendo como única entrada unha pequena porta, así como un par de pequenos buratos de paso para facilitar a entrada e a saída das pombas, que se atopan por riba do asoleirado, formado por un beiril de cantería. No seu interior, atópanse en todo o seu perímetro, un conxunto continuo de niños en forma de nichos feitos con pezas de pedra onde durmían e criaban as pombas. O tellado é de forma cónica, de tella do país, rematado cun pequeno pináculo de pedra, que se colocou na derradeira rehabilitación do pombal no ano 2011, xa que anteriormente desaparecera ou non existia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Recentemente, no ano 2011, realizouse por parte do propietario unha rehabilitación do pombal. As actuacións englobáronse dentro das axudas para a conservación e rehabilitación do patrimonio etnográfico do Proxecto Arraiano (Proxecto cofinanciado pola Deputación de Ourense e o FEDER).
Referencias bibliográficas:
-Catalogación do patrimonio cultural da Alta Limia (Fundación Barrié de la Maza):
http://www.altalimia.org/
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-1.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.096194779Lonxitude: -7.76730271674
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84