Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Mariña Central (comarca) / Mondoñedo
Parroquia: O Carme (Nosa Señora do Carme)
Lugar: Couto de Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta irregular composto por corpos de planta rectangular. Tellados a catro augas e con cubertas de pizarra. Os muros están feitos a base de cachotería e aínda conserva restos de rebocado. Ten un patio interior con capela e pombal.
O acceso principal do conxunto vai sobre o camiño que bordea o couto polo leste, cunha grande portada alintelada sobre a que está esculpido o escudo de Mondoñedo, con cornixa superior e pináculos laterais e central sobre o que pousa unha pequena cruz de ferro. A capela foi fundada en 1664 polo capitán Fernández de Vaamonde, rexedor de Mondoñedo e señor do couto de Outeiro. A capela é de planta rectangular, destacando no seu interior catro laudas sepulcrais do século XIX, un retablo maior barroco e un lateral renacentista con esculturas.
Todo o recinto atópase pechado por muro de xisto en gran parte e nela hai árbores autóctonas de grande porte, un pombal de planta circular executado con fábrica de xisto, un cruceiro e unha fonte.
Na Resolución do 19 de xullo do 2017 (DOG 11 de Agosto 2017) onde se incoa o expediente para declaralo BIC podemos ler : “O pazo de San Isidro, situado no lugar do Couto de Outeiro, preto da ponte do Pasatempo, na parroquia de Nosa Señora do Carme do concello de Mondoñedo (Lugo), domina o val desta vila, unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia, que coñeceu o seu auxe na época da raíña Dona Urraca cando mandou trasladar a sé episcopal de San Martiño de Mondoñedo de Foz a Vilamaior do Val de Brea ou Vallibria, a actual Mondoñedo”.”A súa situación no lugar do Couto fai referencia a un lugar de xurisdición importante, sendo unha zona de mando por poder real. Ao seu pé esta a calzada que levaba ata a mencionada ponte e que daba entrada a cidade de Vallibria. Trátase dun pazo senlleiro, o máis sobresaínte do concello de Mondoñedo, que exemplifica a relación entre o edificio co seu ambiente cultural e histórico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlaces web á ficha do Pazo de San Isidro no PXOM do Concello de Mondoñedo
do ano 2016, e DOG do 11 de Agosto 2017
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDONEDO/documents/28005ca003.PDF
pax 6 do pdf
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170811/AnuncioG0164-280717-0003_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4262286573
Lonxitude: -7.35373262864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84