Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves
Parroquia: As Neves (Santa María)
Lugar: As Neves
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro xubilar do ano 1900 situado no monte de Santa Bárbara que nace sobre unha base ampla de perpiaños graníticos e dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica con molduras na parte superior e inferior dá paso a un varal troco piramidal feito de perpiaños de diferente tamaño.
O capitel dá paso a unha cruz de sección romboidal e cos remates do brazos estrelados.
Apoiados no capitel e sobre unha pequena peaña podemos ver unha imaxe de Santa Bábara con coroa acompañada dun dos seus atributos, a torre con tres xanelas.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA006.PDF (Páxina 12)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360340403.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2007). AS NEVES: CRUCES, CRUCEIROS E PETOS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O lugar está afectado pola vaga de lumes de outubro de 2017.
Onde está localizado
Latitude: 42.090448191Lonxitude: -8.41378219953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84