Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santa María de Couso de Limia
Lugar: Couso de Limia
Outra denominación do ben: Pazo das Bólas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo construído en planta con forma de U, pechando o U un muro de cachotería. Consta de planta baixa, un primeiro andar e unha cuberta de tella a catro augas. Sendo a época máis característica deste pazo do século XVIII, tendo engadidos posteriores. Este pazo tivo unha capela da que apenas quedan restos, ademais nas súas proximidades hai unha fonte e un pombal.
Na fachada principal destaca un gran escudo barroco, cunha rica decoración vexetal e floral cos escudos dos Cea, dos Salgado, dos Deza e da Inquisición, así como unha cheminea rematada con pináculos, e unha varanda de ferro montada sobre catro grandes canzorros. Noutra fachada aparece unha interesante escaleira con balaústre de pedra, así como outra cheminea rematada con pináculos.
Con relación ós donos do pazo, os Añel foron os seus primeiros donos, pasando máis tarde ós Cea, sendo o último dono desta liñaxe o político conservador, D. Eduardo de Cea Naharro (1843-1929).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Durante a primeira república portuguesa agachouse neste pazo, así como noutras vivendas de Eduardo de Cea Naharro, o conspirador monárquico portugués Paiva Couceiro (Instigador de varias incursións monárquicas armadas no norte de Portugal durante os anos 1911, 1912 e 1919). Sendo o pazo do Telleiro, así como as outras vivendas, vítima de sucesivos rexistros da Garda Civil. Un familiar do meu avó que traballou para os donos do pazo contábame como fuxira Paiva Couceiro, escondido nun coche, dun rexistro da Garda Civil, así como se escondían as balas nos potes de dar de comer ós porcos.
Outra denominación, moito máis popular, do pazo do Telleiro é a do pazo das Bólas, debido as dúas bólas esféricas graníticas que hai no portalón de entrada da finca ó pazo, situadas cada unha na súa columna.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Catálogo do patrimonio cultural da Alta Limia (Fundación P. Barrié de la Maza): www.altalimia.org
-RIVERA RODRÍGUEZ, M. T. Los pazos orensanos. Editorial Atlántico – Caja de Ahorros Provincial de Orense. La Coruña. 1981.
-Pazos de Galicia. COAG, 1990-1992.
-Blog da historia de Xinzo: O Pazo do Telleiro. Unha ollada ó pasado (Couso de Limia – Sandiás)
O Pazo do Telleiro, unha ollada ao pasado. Couso de Limia (Sandías)
Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás.
Clave de identificación: AC-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANDIAS/documents/24637CA008.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0963516674
Lonxitude: -7.76843509767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84