Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Ferreiroa (San Pedro)
Lugar: Ferreiroa
Outra denominación do ben: San Pedro de Ferreiroa
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa de tradición románica. Edificada no 1030, sufriu diversas modificacións. A fachada e canzorros son do XIII, e o campanario do século XVI. A pranta é dunha soa nave, a ábsida rectangular con restos da súa fiestra románica. Orixinariamente tiña tres portadas, hoxe só queda unha, a da fachada principal, de dobre arquivolta, sobre columnas de fuste monolítico. A imaxe da Virxe, de madeira policromada bastante deteriorada polo paso do tempo, co neno sentado no colo. É unha das máis antigas da comarca e de orixe romanica-gótica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante anos igrexa parroquial, na actualidade só se celebra culto nas festas e nos festivos. para os veciños das aldeas de Ferreiroa e o veciño lugar da Costa.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.746194014
Lonxitude: -8.02372010918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84