Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Guillade (San Miguel)
Lugar: A Vigaira - A Encostada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O que aquí podemos ver son os restos do antigo mosteiro de Santa Leocadia, anterior ao século X e que algúns estudos o levan ata o ano 569 d.X, na época do I Concilio Lucensis, xa no final do Reino Suevo da Gallaecia.

Os restos nos deixan ver unha pequena construción (seguramente a capela do mosteiro) de planta rectangular con orientación aproximada leste-oeste, cunhas dimensións exteriores de 7,80 por 5,60 metros. Presenta entrada polo oeste de 1,05 m. de ancho e un grosor de muros de 70 cm.
No interior da capela, e onde se podería situar o altar, existe unha pedra rectangular que destaca pola súa decoración a base dun reticulado oblicuo. Posiblemente esta pedra sería a base do altar.
A finca onde se sitúa a construción está pechada por un pequeno muro de cachotería delimitando un espazo duns 800 metros cadrados.

Existen referencias deste mosteiro nun documento do século X que trata dunha doazón, segundo o cal o dóante Menindo, presbítero, outorga unha serie de propiedades ao devantido mosteiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36042050
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/58/58


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1797693611
Lonxitude: -8.43875362915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84