Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Serramo (San Sebastián)
Lugar: Comareiro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As Torres de Comareiro son un Pazo construído no século XVI. A día de hoxe non conserva o seu elemento máis característico: as súas torres. O abandono deixouno nunha completa ruína. Hoxe é un edificio de planta rectangular alongada reconstruído por cada propietario como lle deu a gana. Así, distínguense dúas partes ben diferenciadas polo tipo de materiais de construción: a primeira de sillares de granito de cantería e outra con mampostería de granito. A cuberta por un lado é tellado, pois ten tella, pero polo outro está cuberto de uralita.

Malia isto, aínda conserva elementos propios da arquitectura pacega: cornixas molduradas, unha fiestra en arco de medio punto e unha porta -no lado este- rematada en arco de medio punto de grandes doelas. Tamén conserva unha sinxela cheminea de cantería sen elementos decorativos.
Na recuperación do lugar atopouse o escudo de armas onde se representan lobos e unha árbore sobre unha ponte de tres arcos.

O fundador do vínculo de Comareiro (1580) foi Gonzalo de Pazos e Señoráns. Logo sucedeuno Gómez de Rioboo Vilardefrancos, capitán e meiriño dos condes de Altamira en Vimianzo. Os seus descendentes tiveron relación coa casa de Trasariz (Vimianzo) e co pazo de Xora (Treos-Vimianzo).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.06247222299436
Lonxitude: -8.984150290489197
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84