Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: As Pegas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo de estrutura parecida a unha L, formado por tres corpos de diferente ancho e altura, produto de diferentes etapas construtivas. Consta de dúas plantas, a baixa e a principal, tendo na fachada principal muros en perpiaño ben labrados, e cachoteria encintada no resto. Na fachada principal, aparece unha escaleira exterior con patín. Perdeu unha solaina da que só quedan coma testemuñas uns pequenos canzorros. Na parte leste destaca unha cheminea coroada por tres remates, con dous pináculos rematados con bolas a cada lado, tendo o central un pináculo sen bola. A cuberta é a tres augas en dous dos corpos, e a unha auga nun anexo.
Do antigo peche do pazo só queda o portalón de entrada á propiedade, no que aparece unha data, 16(.)6, e no que destacan tres pedras de armas, cos escudos dos Armada, dos Salgado, dos Arauxo, dos Puga e outros. A ambos lados do escudo central aparece a seguinte inscrición: ¨ESTOS ESCUDOS Y POR NOM(BRE) PUGA Y ARMADA PUSO¨, coroando o conxunto pináculos rematados con bola, dos que na actualidade só queda un.
Consta dunha pequena capela de planta rectangular, con pórtico na fachada principal, dedicada a Santa María Madalena, cun escudo de armas nun lateral, posiblemente edificada en 1712.
No ano 1652 o pazo era propiedade de dona María Peréz de Gándara.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A principios do século XX, D. Julio Rodríguez Marquina mercoulle a propiedade a dona Manuela Sotelo, nai do político conservador José Calvo Sotelo. Posteriomente, o pazo e a súa finca converteuse nunha granxa agrícola con caseiros, rematando a súa actividade nos últimos anos como criadeiro de cabalos. Reparóuselle unha parte da cuberta fai uns anos. Na actualidade atopase totalmente abandonado.


Referencias bibliográficas:

-Catálogo do patrimonio cultural da Alta Limia (Fundación P. Barrié de la Maza): www.altalimia.org -RIVERA RODRÍGUEZ, M. T. Los pazos orensanos. Editorial Atlántico – Caja de Ahorros Provincial de Orense. La Coruña. 1981.
-Pazos de Galicia. COAG, 1990-1992.
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás.
-Clave de identificación: AC-16
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANDIAS/documents/24637CA010.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1153294393
Lonxitude: -7.74527735798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84