Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Carballiño (comarca) / O Irixo
Parroquia: Campo (Santa María)
Lugar: As Campinas. Camiño vello Real dos arrieiros.
Outra denominación do ben: A Ponte Ferreira das Campinas
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Ponte sobre o río Viñao de estrutura medieval e que na actualidade está nun estado de total esquecemento, aínda que non en perigo, de derrube. Obsérvanse desprendementos de varios elementos decorativos e pedras da ponte mesma. A maleza invade o seu perímetro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Esta vella Ponte actualmente en desuso, e esquecida a beira dun aserradeiro e dun vello e fermoso muíño rehabilitado, está nun entorno moi degradado, era paso obrigado dos carros de madeira con rodas reforzadas en ferro que cantaban sobre as pedras, tirados pola forza dos bois xunguidos a eles, que viñan dende o Ribeiro cara a Compostela.
Historia recente do ben:
A Ponte Ferreira atópase no lugar das Campinas, no antigo “camiño Real” era paso obrigado dos arrieiros, xa que salva as augas do río Viñao na coñecida como “ruta dos arrieiros”, que levaban as súas mercadorías, e sobre todo bocois de viño do Ribeiro a Compostela, a un par de kms. máis ou menos do núcleo do Irixo.
Hai anos por parte do grupo municipal do Concello, na oposición, foi presentada proposta para a súa rehabilitaciòn e posta en valor, criticándose que foran invertidos máis de cincuenta mil euros, nunha ruta de sendeirismo, que precisamente recupera parte deste camiño dos arrieiros, e non se fixera nada pola ponte, que quedou nun segundo plano ao carón mesmo do vello muíño, que si foi no seu día recuperado, nesta mesma zona das campinas, polo demais bastante denostada coa existencia dunha importante industria de aserradeiro da madeira, nas súas proximidades. O Concello do Irixo, encargou hai un par de anos o proxecto de ruta de sendeirismo que da continuidade a Ruta dos Castros xa existente. Esta segunda fase acondiciona e sinaliza parte do coñecido como camiño dos arrieiros, en total uns quince kilometros, que pon en valor os castros de A Cidá, Horros, Santiso e Souteliño, e pasa pola zona de As campinas, xunto a Ponte Ferreira, no camiño dos arrieiros.
Esta segunda fase parte de Valdesoiro, continuando cara á Chousa dos Mouros, en Santiso, e Souteliño, pechando o percorrido polo camiño dos arrieiros antigo paso e ruta obrigada a Compostela, dende o Ribeiro, atravesando Couceiro, A Bugalleira, Dadín, Gondomiña, Porto da Veiga, Farrapa e Campinas de Baxin, onde atopamos a ponte e o Muiño de Ríos.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Medio ambiente moi degradado, e moi próximo a un aserradeiro, con continuo tránsito de entrada e saáda de tractores e maquinaria forestal.
Onde está localizado
Latitude: 42.5273956213Lonxitude: -8.1141065462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84