Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Rei (O Sagrario)
Lugar: Frinxo
Outra denominación do ben: Castro de Cabeza de Francos
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Castro cunha cronoloxía habitacional que vai dende os séculos III a.X. e III d.X. Ocupa unha superficie total de 10.000 m2, aínda que só se escavou un pequeno sector duns 190 m2. O conxunto posúe tres niveis, o superior cunha muralla defensiva.
Os restos que hoxe se poden ver constan de tres vivendas circulares, dúas delas con vestíbulo, e parte da súa muralla.
A primeira escavación que se levou a cabo neste castro data dos anos 1933-1935 promovida polo grupo “Ultreya” de Tui, dirixido por Manuel Fernández-Valdés Costas, coa colaboración de Xosé María Álvarez Blázquez.
A segunda escavación é do ano 1954 baixo a dirección do Comisario Provincial de Excavacións, José Filgueira Valverde.
Os últimos traballos realizados no lugar son do ano 1997 baixo a intervención da Escola Obradoiro de Restauración tudense coa dirección do arqueólogo tudense Juan José Perles Fontao, recuperando e consolidando os restos anteriormente descubertos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36055015 // RI.000043045
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Os traballos arqueolóxicos levados a cabo neste castro deron como resultado o achádego de numeroso material, como unha moeda de bronce romana, o fragmento dun esencieiro de vidro e abondoso material cerámico castrexo e romano, entre eles, un fragmento decorado con palmas e cruces posiblemente de época posterior.

Pero o achágedo máis interesante é un “phalus”, descuberto no ano 1934. Consta dun cilindro de granito de 165 mm. a xeito de idolito.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA101.PDF (Ficha CT/03 – Páxina 14)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/castro-do-alto-dos-cubos.html
http://tudensia.blogspot.com.es/2013/01/o-castro-do-alto-dos-cubos.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de_9.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/tui/castrodecubos/
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/recursopan1?content=280380778


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0663209506
Lonxitude: -8.66206349209
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84