Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Bola
Parroquia: Santa Baia de Berredo (Santa Baia)
Lugar: Anxá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de ánimas que naces obre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta unha pequena fornela con arco de medio punto e burato para o caixón das esmolas.
A base tamén presenta unhas inscricións:

“AÑO 1745”

“PIORUM
ORE”

“FIDELI
ACTU”

“ELICTO NISCLITO”

O varal nace cunha pequena sección cadrada. O resto presenta sección cilíndrica con acanaladuras e cordón na súa metade.
A capitel cadrado con volutas nos esquinais da paso a unha cruz con acanaladura central, remates potenzados e rosetón na parte dianteira.

Este cruceiro de ánimas atópase ao carón da capela de San Lourenzo (http://patrimoniogalego.net/index.php/99813/2018/05/capela-de-san-lourenzo-6/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concelloabola.es/planxeral/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_III/M_Catalogo.pdf
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3201402.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense”. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1513478446
Lonxitude: -7.91639104969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84