Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Vilariño (Santa María)
Lugar: A Lagoa
Outra denominación do ben: Cruceiro da Lagoa.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro localizado no lugar da Lagoa, da parroquia de Santa María en Vilariño. Atópase nun cruzamento entre o lugar da Penela e A Irexe, de Vilariño. Toscamente labrado en pedra, o fuste ou columna sobre a que se asenta a cruz ten uns dous metros e medio de altitud, o Cristo crucificado está toscamente traballado, e garda certa similitude por algún outro existente no concello de Agolada, o que fai pensar que fora traballo do mesmo canteiro descoñecido.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ao parecer, non estaba situado inicialmente neste lugar, aínda que non puidemos atopar testemuñas de veciños vivos, que nos soubesen aclarar cando ou porqué mudou de sitio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.761738478
Lonxitude: -8.05204896823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84