Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Antas de Ulla / Ulloa (comarca)
Parroquia: Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña)
Lugar: De Frádegas a Santa Mariña.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que se asenta sobre fuste de columna granítica de sección circular, dunha altura aproximada de 2.5 metros. A cruz vai sobre bóla tallada con estrías e amosa un cristo de feitura pouco traballada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O fermoso Cruceiro está practicamente esquecido, xa que se localiza nunha pista de pouco tránsito entre os lugares de Frádegas e Santa Mariña, de Antas de Ulla. Podría indicar un cruzamento de camiños, cara ao río Ulla, xa que moi preto del atopamos as ruínas do Balneario, e muiños de Frádegas, ou sacralizar algun tipo de resto arqueolóxico, oo feito luctuoso. Curiosamente chama á atenciòn a súa semellanza co cruceiro existente en Albodrón, igualmente de Antas de Ulla, e o de Santa Comba de Agolada


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Pode resultar dañado polos traballos forestais, que se veñen desenvolvendo, tanto de roturacións de montes, como de talas de pinos e outras especies. Ou mesmo desaparecer, dado o afastado lugar no que se atopa.


Onde está localizado

Latitude: 42.8223853015
Lonxitude: -7.95266142679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84