Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cospeito
Parroquia: Momán (San Pedro)
Lugar: Momán de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O que aquí podemos ver son os restos dunha das tres instalacións construídas no zona polos soldados do exército alemán no ano 1940 para a radionavegación.
A día de hoxe neste lugar so se conserva un bloque cúbico feito de formigón separado da terra por un illante cerámico de esteatita.
Tamén se pode ver dous bloques de formigon que facían as funcións de contrapesos para os cables que suxeitaban a torre.

A un centenar de metros vemos a vivenda dos gardas.

Estas instalacións estaban compostas por tres radiofaros separados entre si en liña recta por uns 2.823 metros, distancia calculada de acordo á lonxitude de onda de emisión.
As torres metálicas tiñan sección tronco-piramidal, de aproximadamente un metro de lado. Cada unha delas tiña unha altura de 102,5 metros e se sostiña con axuda de seis ventos.
No cume da antena existía un sombreiro capacitivo octogonal duns 11 metros de diámetro e 31 de perímetro.

Esta antena Sur, ao igual que a antena Central, caeu o 24 de xaneiro de 2009 polos ventos do temporal “Klaus”. Pouco tempo despois os barrotes foron roubados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A antena foi utilizada por Aviación Civil ata o ano 1962.
Antes da súa caída, a torre foi utilizada entre 1997 e 2006 por radioaficionados para enviar mensaxes a toda Europa, Estados Unidos, África, Asia e Nova Zelanda.

No ano 2006 se presentou un anteproxecto de rehabilitación das torres sen éxito algún.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=12593
http://www.ea1ddo.es/consol.html
http://www.u-historia.com/uhistoria/historia/turismo/arneiro/arneiro.htm
http://www.asociacionbuxa.com/2009/04/torres-de-arneiro/
http://www.turismoenxebre.com/2009/02/antena-nazi-de-cospeito-torre-de-los.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Torres_de_Arneiro
Cuarto_Milenio-antenas_de_Hitler-nazis-Galicia-Iker_Jimenez-Cuatro_0_1757175189.html
https://www.gciencia.com/historias-gc/elektra-sonne-as-antenas-de-hitler-en-lugo/

BIBLIOGRAFÍA
ROLLAND, Eduardo. “Galicia en Guerra”. Editorial Xerais. 2006.
https://atchistory.files.wordpress.com/2017/01/consol-navigation-aid-1966.pdf

http://www.crtvg.es/cultural/especiais/galicia-documental-a-araneira



Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.222803903
Lonxitude: -7.48196177275
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84