Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Bola
Parroquia: Veiga (San Munio)
Lugar: Veiga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No muro do adro da igrexa de San Munio da Veiga (http://patrimoniogalego.net/index.php/32669/2013/01/igrexa-mosteiral-de-san-munio-de-veiga/) podemos ver este peto de ánimas de tipo pechado con mesa sobresaínte e oco para as esmolas na parte inferior, e unha cruz en posición central e uns pináculos piramidais aos lados na parte superior.
A fornela, con arco de medio punto e enreixado metálico de protección, contén un retablo pétreo con resto de policromía
Nel podemos ver dous anxos que voan sobre o inferno ofrecendo rosarios ás almas que se atopan no Purgatorio.
Por debaixos delas vemos a figura dun touro rampante que, coa súa pata, agarra da perna a unha figura humana tratando de arrincala da boca do que parece ser un demo.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.concelloabola.es/planxeral/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_III/M_Catalogo.pdf (Ficha E_023 – Páxina 111)
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense”. Ed. IR INDO, 1998
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1377008204Lonxitude: -7.92989117598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84