Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santa María de Couso
Lugar: Vilariño das Poldras
Outra denominación do ben: Pazo dos Marquina
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio de planta irregular construído sobre un outeiro granítico, é dicir, un gran penedo, xustificando así o nome do pazo, que destaca sobre a chaira da Limia. Distínguense dúas partes ben diferenciadas, unha parte máis antiga caracterizada polo uso do cachote encintado (Cecais do século XVI), e outra máis moderna de perpiaño que podería datar do século XIX. Consta de planta baixa e primeiro andar, atopándose rodeado por un xardín que conta con varios elementos decorativos.
A planta moderna é rectangular, destacando dúas fachadas, unha con dous balcóns e outra cunha galería. A galería apoiase sobre dous piares poligonais de pedra. As outras fachadas atópanse unidas á construción máis vella, que se estrutura arredor dun patio interior. O pazo conta cunha pedra de armas.
Moi preto atópase a capela, fundada a finais do século XVI (1592) e vinculada á casa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No seu momento engadíronlle elementos alleos, unha galería, e realizáronse cambios na cuberta. Na actualidade, a metade do tellado está con fibrocemento, atopándose o pazo abandonado fai bastantes anos. No seu xardín atopase un miliario.


Referencias bibliográficas:

Clave de identificación no PXOUM do Concello de Sandiás: AC-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANDIAS/documents/24637CA008.PDF
Rivera Fernández, María Teresa: ¨Los pazos orensanos¨ (Caja de Ahorros de Orense, 1981).
Pazos de Galicia (C.O.A.G 1990-1992)
Catalogación do patrimonio cultural da Alta Limia (Fundación P. Barrié de la Maza, …): www.altalimia.org


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0891759394
Lonxitude: -7.77515171717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84