Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Dodro
Parroquia: San Xoán Bautista de Laíño
Lugar: Imo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Trátase dunha lousa dun perímetro aproximadamente circular, cuns 1,90 metros de diámetro. Nela
pódense observar 6 coviñas de entre 2 e 3 centímetros de profundidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15033018
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Aínda que a ficha do PXOM de Dodro dábao por desaparecido co seguinte texto: “a súa ficha o daba como completamente alterado, non o localizamos nas coordenadas, DESAPARECIDO” aplicouse un grao 3 de protección nun radio de 200 metros delimitados por pistas forestais.
Debido a unha corta de madeira de pino por parte da Comunidade de Montes “Cruz do Avelán” nas proximidades da zona de protección, o seu presidente procedeu á solicitude de permiso de corta na delegación de Patrimonio da Coruña. O traballo de campo feito polo arqueólogo Julián Bustelo, contratado por esta Comunidade De Montes, deu como froito a “redescuberta” deste petróglifo.
A denominación “O Padornelo” non se axeita ó lugar onde se atopa, nin o toponímico e correcto, o seu emprazamento está a escasos 500 metros da outra estación rupestre das mais importantes da comarca como é a de Bouza-Badín na Parroquia se San Xoán Bautista de Laíño, moi preto da aldea de Imo.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA118.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.712855916
Lonxitude: -8.74007551544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84