Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Allaríz
Parroquia: Os Espiñeiros (San Breixo)
Lugar: Vilar de Flores
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construción dentro do estilo do neoclasicismo ecléctico feita a base de perpiaño granítico, con planta rectangular tan só alterada por unha sacristía lateral de planta octogonal por detrás do altar maior na que se practican unha serie de 3 ventaíñas a través das que se vendían exvotos aos fieis.
Posúe cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro, e pináculos de bola nos esquinais.
Na fachada principal vemos unha porta de aceso alintelada, un reloxo de agullas e unha fornela cunha imaxe no seu interior.
O conxunto remata nunha torre campanario de sección cuadrangular e dous corpos superpostos.
Ambos niveis aparecen protexidos por unha balaustrada de ferro e planta cadrada que presenta combinacións xeométricas varias. A torre remátase cunha cupuliña lisa rodeada de pequenos pináculos sobre a que se monta unha estrutura metálica na que se dispón un sino de bronce e unha cruz.
A igrexa se atopa dentro dun adro de planta rectangular que, nalgúns tramos, presenta un banco pétreo corrido. Tamén podemos ver un oratorio e dous palcos de música.
Próximo á igrexa existen varios cruceiros
Tense constancia desta devoción dende o século XVII.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000023063
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A un quilómetro de Vilar de Flores, cando aínda non existía esta aldea, había un lugar chamado Vilar de Porcos. Din que a Virxe se lle apareceu a uns pastores que estaban no monte e entón lle fixeron o santuario alí mesmo.
Din que o lugar de Vilar de Porcos foi deshabitado debido a unha invasión de formigas. Daquela os seus habitantes empezaron a facer as súas casas ó redor do santuario e así foi como se formou Vilar de Flores.
Algún labrego ó labrar na zona onde se di que estaba Vilar de Porcos, levantou tampas de sepulturas, polo que se supón que ese era o lugar onde enterraban ós seus mortos.
A zona onde se di que estaba Vilar de Porcos, hoxe chámase A Muradella.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.allariz.gal/administracion/wp-content/uploads/2017/04/catalogo_patrimonio_1.pdf (Ficha E-1 – Páxina 259 a 262)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=7&id=424
BILIOGRAFÍA
VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, A., «102 lendas e noticias lendarias», en Boletín Auriense, XXIV, 1994, páx. 287-336.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2079770183Lonxitude: -7.7779277472
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 23, 2018
Inscrición nu dos muros laterais da igrexa.