Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas / Xunqueira de Ambía
Parroquia: Poedo (Santa María) - Bobadela a Pinta (Santa Mariña) – Sobradelo (San Román)
Lugar: Outeiro de Peixón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Preto da cima do outeiro de Peixón, e tamén a escasos 2m da cruz de Peixón, localízase esta gravura.
Sobre a superficie superior de unha peneda, sitúanse algo mais de unha ducia de coviñas con unhas medidas medias de entre 3cm e 4cm de diámetro.
A base granítica onde se atopa, está protexida do norte por unha rocha mais alta, a modo de abrigo.

No Catastro de Ensenada, no marxeo do Couto de Poedo, aparece unha referencia a este outeiro e á cruz en cuestión, sedo así:
“y de allí sigue al Peñasco que se dice da Corga de Apeixón y de este a otro Peñasco que se llama da Cavadiña Longa en los cuales ay Cruces que demuestra ser señal de demarcación ……”
Con isto confirmamos que se atopa na liña divisoria dos concellos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas e á súa vez das parroquias de Bobadela a Pinta (Santa Mariña), Sobradelo (San Román) e Poedo (Santa María).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.185037
Lonxitude: -7.683738
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84