Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Carracedo (Santa Mariña)
Lugar: O Fieitoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base aparece unida ao chanzo superior e ten forma tronco piramidal. Nel aparecen varias lendas de difícil lectura pola súa erosión.
O varal comeza en sección octogonal e segue en sección cilíndrica.
A continuación o capitel cadrado no que podemos ver rostros de anxos con ás nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Segundo engade Estanislao Fernández de la Cigoña no seu libro, “o cruceiro debeuse facer ao pouco de morrer Don Mateo José Conde no ano 1843 e posto que finou en maio ben podería estar ergueito polo fillo do finado a finais dese mesmo ano”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALDASDEREIS/documents/28055ca005.PDF (Ficha E_012 – Páxina 14)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360050503.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Caldas de Reis. Ed. AGCE S.L. Vigo. 2007

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6514253181
Lonxitude: -8.63594864511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84