Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Guamil (Santa María)
Lugar: Romeu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz repicada, probablemente de termo, aínda que con tipoloxía cristiá, formada por dous sucos, o maior con unhas medidas de 25cm de lonxitude aproximadamente, e un ancho aproximado de 3.5cm. O outro tería unha medidas de 20cm de longo por un ancho aproximado de 4cm. Estes sucos cruzados a 90 grados e teñen unha fondura próxima a 1,5cm.

Atopámola no monte de Laxoso, no interior da actual parroquia de Guamil (Santa María), non descartando que anteriormente estivera na marxe común entre esta parroquia e a de Sobradelo (San Román) ou incluso a de Poedo (Santa María), as dúas non están moi lonxe na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Foi repicada, estragándose a súa forma orixinal.


Onde está localizado

Latitude: 42.197239
Lonxitude: -7.674518
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84