
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: O Pozo - As Penas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte en cantearía de granito da modalidade de capela e gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño de boa calidade, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1,25 m. por outro tanto de fondo.
A maior parte de ela queda inxerida no eido adxacente, estando semi-enterrada pola terra que se esborralla do terreo superior de dito eido.
Unha gran pedra fai de cuberta, polo seu fronte ten unha sinxela decoración, pola parte baixa en forma de arco, facilitando o aceso a auga e polos laterais remate en ángulo.
O cubo interior onde se almacena a auga ten unha profundidade de 0,5m aproximadamente.
Sitúase a beira da estrada de Pazos de Ambía cara Presqueira, a altura das Penas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.210924Lonxitude: -7.700975
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84