Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruz,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Poedo (Santa María)
Lugar: O Penedo Bo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O coñecido como “O Penedo Bo” e un conxunto rochoso, cunha estrutura tal que sinalaba as horas do día ós veciños do pobo. Dependendo da posición do sol, este proxectaba a sombra de diferente forma e posición, o que axudaba para calcular a hora.
Este saínte rochoso que está a unha altura de 750 m, foi sempre moi respectado polos veciños, algo que fixo que no ano 1963, decidiran poñerlle unha cruz enriba.
A cruz foi construída por unha cuadrilla de canteiros de Poedo, foi extraída na zona das Laxas Longas e transportada en carro de bois.
Á inauguración asistiu a maior parte do pobo, facéndose unha especie de romaría.
Consta de dúas pezas, a que fai os brazos ademais da parte superior, ten unhas medidas de 1,13 m de longo por 260 m de alto e 24 cm de espesor. A outra parte que sería o fuste, ten 1,90 m de altura fóra do penedo, 33 cm de ancho e 24 cm de espesor.
Ademais fixéronse sobre o penedo no que esta colocada, uns chanzos para facilitar a escalada cara a cruz. Na parte baixa da pedra aparece a gravura “PAULES” en letra de gran tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.santamariadepoedo.com/PDF/007_O_Penedo_Bo_Presentacion.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.192954
Lonxitude: -7.70027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84