Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Punxín
Parroquia: Punxín (Santa María)
Lugar: A Forxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII con modificacións posteriores, feita a base de perpiaño granítico e planta de cruz latina. Anteriormente existíu unha igrexa de época románica.
Na súa fachada principal podemos ver uns chanzos que dan acceso a unha porta con arco apuntado. Destaca o seu traballo na moldura e as súas columnas laterais.
O conxunto remata cunha espadana con arcos de medio punto e cruz pétrea de remate.

No interior da igrexa destaca un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila (protector das colleitas e dos animais) segundo a inscrición da cuberta: “HIC REQUIESCIT FAMULUS DEI”. Outra inscrición situada no lado oposto di o seguinte: “HIC REQUIESCIT SERVUS DEI WINTILA QUI OBLIT DIE 23 DECEMBRS 980. Pretiosa in conspectu Domini mors Sanctorum” Existe ademáis un debuxo en baixorelevo dunha cruz de brazos iguais e unhas liñas ascendentes.
No interior do sartego atopouse dous cráneos, restos óseos, varias vestimentas e dúas pequenas bolsas con terra.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No interior da igrexa gárdase unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Na rehabilitación do adro da igrexa se atoparon restos romanos, moi posiblemente dunhas termas.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA005.PDF (Páxina 3)
http://turismourense.com/ver/ver_concello/1
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=8&cod_rtro=17&cod_obx=289
http://www.galiciaenteira.com/santa-maria-de-punxin/
http://www.xoanarcodavella.com/2017/06/iglesia-de-santa-maria-de-punxin-ourense.html
http://punxin-orense.blogspot.com/search/label/Castros

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. Gran Enciclopedia Gallega. Tomo 26. 1974.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3688999578
Lonxitude: -8.00082450451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84