
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lousame
Parroquia: Fruíme (San Martiño)
Lugar: Fruíme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación con fábrica orixinal de época románica e reconstruída no ano 1867.
Está feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado nas fachadas principal e posterior, e cachotería irregular nos laterais. Posúe planta de cruz grega formada por unha nave central cuberta por bóveda de canón e dúas capelas laterais formando deste xeito a cruz.
O conxunto remata cunha cuberta a dúas augas, agás nunha capela lateral que é a catro augas.
A fachada principal, con pilastras laterais que rematan en pináculos, posúe unha porta de aceso lintelada, unha fornela coa imaxe do patrón, e unha pequena fiestra cadrada con derrame interno. Remata cunha espadana con ocos de arcos de medio punto e pináculos no cume.
No interior destaca a capela lateral das Dores, a máis antiga do conxunto, que destaca
pola súa cuberta de bóveda de aresta.
Outra das capelas laterais está consagrada á Virxe das Cabezas, con boveda de canón.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007682
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa se gardan as imaxes de Santo Antonio, San Roque, San Isidro, a Virxe das Dores, e a da Nosa Señora das Cabezas.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf (Páxina 3)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodelousame.gal/index.php/gl/turismo/patrimonio/arquitectura-relixiosa/35-patrimonio/arquitectura-relixiosa/123-igrexa-parroquial-de-san-martino-de-fruime
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7319732863Lonxitude: -8.82504398136
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Out 4, 2018
Detalle da fornela da fachada principal.
Oscar Franco says:
Out 16, 2018
Enriba do muro do que rodea ao adro podemos ver o Vía Crucis.