Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Fruíme (San Martiño)
Lugar: Fruíme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de recente factura (ano 2011) que nace sobre un groso chanzo de sección cadrada. A súa base cadrada da paso a un varal de arestas rebaixadas no que podemos ler a seguinte inscrición:
“MANUEL
CAAMAÑO
FERREIRO
CURA DE
FRUIME
20 . 2 . 1960
DEDICO ESTE
CRUCEIRO A
HONRA DE DIOS
15 . 9 . 2011
¡CAMIÑA POLA VIDA
COA VERDADE NA
MENTE A BONDADE
NO CORAZÓN
E A SANTIDADE
NA ALMA!
RESUCITAREMOS”
O capitel, de sección tronco piramidal invertida, posúe imaxes de anxos con ás nos catro lados.
O conxunto remata nunha capeliña con cruz pétrea de remate. No seu contorno podemos ver unha decoración de cordón. No interior da capeliña aparece a figura da Virxe con coroa.
A cruz de remate posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo e sobre unha peaña no reverso.
Este cruceiro atópase ao carón da igrexa de San Martiño de Fruíme (http://patrimoniogalego.net/index.php/100743/2018/10/igrexa-de-san-martino-de-fruime/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7321132823Lonxitude: -8.82486762344
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84