Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: Maxide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados. A base ten unha sección cúbica e outra moldurada con escocia. Na parte cúbica que podemos ver a seguinte lenda: “A DEVOCION DE ANGEL CREO. 1908”
A continuación o varal de sección cadrada no arranque e que continúa coas arestas rebaixadas.
O capitel decorado con motivos vexetais, volutas e caras de anxos nos a¡catro lados da paso a unha cruz de sección cilíndrica. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas, gran manto e apoiada sobre unha peaña con forma de anxo con ás no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7568729425
Lonxitude: -8.85560357472
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84