Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: Sanguiñal
Outra denominación do ben: Cruz de Amproa // Cruceiro de San Roquiño // Cruceiro esmoleiro de capeliña da Virxe de Loreto
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de capela que nace sobre un chanzo de sección cadrada. O seu groso varal ten sección octogonal.
A parte inferior da capela posúe unha lenda e a imaxe dun anxo con ás. A lenda di o seguinte:
“E CURUSERO
MACER Vº Dº AN
DRES BSEº PºS DEB”
No seu interior vemos unha pequena imaxe da Virxe co Neno no colo de recente factura. A fornela posúe cuberta a catro augas, teitume plano e porta metálica.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados con botón central. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso apoiada sobre unha peaña con forma de anxo alado no reverso.
O lugar onde se atopa o cruceiro foi reformado recentemente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007639
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf (Páxina 8)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420503.html
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-7.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7519051666
Lonxitude: -8.87235050756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84