Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: Marracín de Abaixo
Outra denominación do ben: Desencravo de Marracín
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica.
O capitel está decorado con volutas, motivos vexetais e un anxo alado en cada unha das caras. Na parte inferior dunha desas caras podemo ver unha caveira.
O conxunto remata con dúas pequenas imaxes, a da Santísima Virxe axeonllada e un santo.

Este cruceiro posuía a representación pétrea do desencravo de Cristo. No pasado podiamos ver a cruz co Salvador e unhas escadas traseiras polas que subían Xosé de Arimatea e Nicomedo e as dianteiras poas que subía San Xoán, todas elas desaparecidas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007627
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

http://destruccionpatrimonio2004-07-patinho.blogspot.com/


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf (Páxina 7)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420501.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao. “ENTRE ENCRAVAMENTOS PROFUNDOS E DESENCRAVOS AMOROSOS. O encravamento e desencravo da imaxinería galega”. Ed. Galaxia. 2001


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7547996065
Lonxitude: -8.86557020085
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84