Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lousame
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación moi reformada feita en pedra granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
A fachada principal presenta unha porta de acceso con arco de medio punto, columnas nas xambas con capiteis vexetais, canzorros no lintel e tímpano con decoración xeométrica. Por riba dela vemos unha fornela con derrame interno. Nun dos laterais aparece a torre campanario na que vemos unha fornela coa imaxe do patrón. O campanario remata nunha cúpula semiesférica.
O interior da igrexa destaca o presbiterio, con bóveda de aresta sobre pilastras.
Esta edificación, datada aproximadamente no século XVII, presenta elementos de época románica posiblemente dalgún templo anterior ou incluso doutra igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007722
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior da igrexa garda un retablo do século XVIII restaurado recentemente.
Tamén destaca o relevo de estilo barroco do Pai Eterno dentro dun medallón.
Outras imaxes son a Asunción, San Pablo, San Xosé; e nas capelas laterais a Nosa Señora das Neves, a Virxe das Dores e San Xoan.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf (Páxina 5)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodelousame.gal/index.php/gl/turismo/patrimonio/arquitectura-relixiosa/35-patrimonio/arquitectura-relixiosa/124-igrexa-parroquial-de-san-pedro-de-tallara
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-7.html
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=T%C3%A1llara&localidad=A%20CORU%C3%91A
http://juancar347-romanica.blogspot.com/2015/01/tallara-iglesia-de-san-pedro-y-ermita.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7425900469Lonxitude: -8.87715327687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 24, 2018
No muro do adro da igrexa podemos ver parte do Vía Crucis.