Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón da estrada podemos ver este cruceiro sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica posúe unha inscrición pouco lexible.
O varal, que comeza en sección cadrada con molduras e segue coas arestas rebaixadas, posúe unha imaxe na súa metade.
O capitel, con volutas e rostros de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado con coroa de espiñas e baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza no reverso.

O cruceiro aínda conserva restos da súa policromía orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf (Páxina 6)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420507.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7438801517
Lonxitude: -8.87765669107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84