Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Pena Ensalada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Afloramento granítico formado por varias penedas, nas que se aprecian varias gravuras espalladas pola súa superficie superior, en tres zonas ben definidas.
-Zona 1 – Composta por coviña central con motivo circular arredor e un suco que cruza a coviña e cae pola superficie da pedra ata perderse próximo a altura do terreo. Posúe o inicio de outra canle máis pequena. Entre a coviña e o circulo que a rodea, o autor xogou cas formas da peneda, integrándoas na propia obra.

-Zona 2 – Semellante a anterior, está moi erosionada e non se distingue o motivo circular arredor da cazoleta, intúese un cruce con outro suco na parte alta, este segundo canle está aínda mais desgastado que o primeiro.

-Zona 3 – Nesta zona atopamos tres coviñas con un tamaño medio de uns 5cm e unha fondura próxima ós 2cm

O conxunto atópase no Monte Cubreiro, nunha ladeira con caída cara o sur, a non moita distancia do límite do concello de Baños de Molgas cos limítrofes de Maceda e Paderne de Allariz. Esta zona da ladeira coñecese como Pena Ensalada, posiblemente en alusión a esta gravura, aínda que cremos que o nome puido derivar, perdéndose o orixinal que podería ser Pena Salgada, mais apropiado para o caso.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.260794
Lonxitude: -7.704392
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84