Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mondariz
Parroquia: Gargamala (Santa María)
Lugar: O Barro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do ano 1792 feita en perpiaño granítico, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que remata en forma de torre con ameas. O conxunto presenta pináculos e gárgolas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso enmarcada con moldura acobadada barroca e volutas no lintel. Por rina dela vemos unha fornela sobre pequenas pilastras e cúpula con forma de cuncha na que aparece a imaxe da patroa. A continuación unha fornela con moldura.
Nun dos laterais da fachada unha torre campanario de dous corpos prismáticos separados por unha balaustrada e cúpula de remate.
No interior da igrexa destacan as pinturas murais das capelas Norte (adicada a San Bieito), a Sur (Paixón de Cristo) e o presbiterio (con iconografía mariana). Destaca a imaxe pintada de perfil de Xano bifronte, deus da mitoloxía romana.

No muro exterior do presbiterio destaca un escudo coas armas do Conde de Salvaterra.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032515
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de Mondariz – Aprobación inicial ano 2012 (Ficha A_004)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://concellodemondariz.gal/gargamala/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2597174538
Lonxitude: -8.44313600777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84