Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Tállara (San Pedro)
Lugar: Guiende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica posúe unha lenda que ocupa as catro caras. Nela pódese ler o ano da súa feitura: “1831”.
O varal de sección cadrado coas arestas rebaixadas dá paso a un capitel sinxelo moldurado.
A cruz de remate posúe os brazos florenzados.
O cruceiro atópase dentro dun recinto feito en pedra cun perpiaño para sentarse.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007611
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf (Páxina 4)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7396232584
Lonxitude: -8.89021126868
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84