Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Camboño (San Xoán)
Lugar: Arxellas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Este cruceiro, situado no interior dunha propiedade privada e rodeada dun enreixado metálico, nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con moldura en escocia presenta a seguinte lenda:
“A DEVOCION DE MANUEL SA
BORIDO Y SU FAMILIA AÑO 1903.
FUE COSTEADO POR MANUEL
SABORIDO Y SU HIJO D. FRAN
CISCO CURA DE MIÑORTOS”
O seu varal nace en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas.
O capitel é de tipo xónico con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos seus catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.
O autor deste cruceiro foi Andrés Castaño Fernández, O Vello Santeiro de Chave.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007616
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf (Páxina 2)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420101.html
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7456577683Lonxitude: -8.90664513027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84