Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Lousame
Parroquia: Camboño (San Xoán)
Lugar: Nabal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequena capela feita en pequeno perpiaño granítico irregular e cachotería fina, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos.
A fachada principal presenta pilastras laterais de bo cadeirado granítico, unha porta de acceso enmarcada e unha fornela con derrame interno. O conxunto remata cunha pequena espadana dun só oco con pináculos e cruz pétrea florenzada de remate.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007659
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No seu interior se garda unha fermosa táboa policromada do ano 1796 na que se explica o milagre que deu orixe á devoción da Santa Mariña da Gorgosa.
Tradición oral:
Unha antiga tradición relacionada con esta ermida di que as mozas casadeiras debían acudir tres veces ata a capela se querían casar, pero tíñano que facer sen falar nin pronunciar unha soa palabra.
Mentres tanto os mozos intentaban que falaran por todos os medios.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf (Páxina 7)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodelousame.gal/index.php/gl/turismo/patrimonio/arquitectura-relixiosa/35-patrimonio/arquitectura-relixiosa/125-igrexa-parroquial-de-san-xoan-de-cambono
http://www.riamuros-noia.org/index.php?/ard_eslES/territorio_y_recursos/ayuntamientos/lousame/patrimonio_historico
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-7.html
http://www.xoanarcodavella.com/2014/09/capilla-de-gorgosa-lousame.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.754377632Lonxitude: -8.91057748075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Lupe says:
Mai 12, 2021
La capilla está situada en un entorno muy bonito, la capilla está totalmente restaurada y muy cuidada, merece la pena visitar el lugar.