Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Noia
Parroquia: Obre (Santa Mariña)
Lugar: A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Conserveira fundada no ano 1874 e en funcionamento ata a segunda década do século XX.
Segundo se recolle na páxina web do Proxecto Ronsel: “a construción é dunha soa altura e planta aproximadamente rectangular, acaroada á ribeira cunha aliñación que vai do noroeste ao sueste nunha lonxitude de 52 metros. A anchura nos testeiros é de 12 metros, e o tellado, armado en madeira con cuberta de tella do país a catro augas.
Polo costado que dá á ría, ábrese o portal de entrada da materia prima, completado cun pequeno embarcadoiro, co seu peirao e rampla de acceso para facilitar a descarga do peixe.
No paramento que vai deste portal á fachada principal, que mira á ponte, ábrense tres ocos rectangulares verticais. O esquema repítese no resto do paramento, con trece ocos iguais.
Na fachada, un gran portal de acceso, rematado cun arco, con dúas grandes ventás rectangulares verticais a cada lado. Un camiño de uns trinta e cinco metros de lonxitude e seis metros de anchura permitía un fácil acceso dende a carreteira Boiro-Noia, practicamente dende o mesmo estribo esquerdo da ponte”
O conxunto se completa cunha vivenda na que vivían os donos da fábrica e varias edificacións adxectivas.

Esta conserveria fabricaba produtos elaborados en conserva a partir de peixes e mariscos, principalmente sardiña, pero tamén mexillón, ostra, ameixa, berberecho, polbo, ollomol…. Tamén caza (perdiz, lebre, pato…) e carnes de polo, tenreira, vaca e porco.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
(Ficha 13.11 – Páxina 347)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/368
http://galiciaagraria.blogspot.com/2011/05/conservas-vegetales-en-galicia-una.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7797421937
Lonxitude: -8.89000028941
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84