Co gallo da Día do Patrimonio Mundial, dentro da oferta de actividades da Rede do Patrimonio Cultural, presentamos unha nova funcionalidade de patrimoniogalego.net: os Mapas Enfrontados.
Os Mapas enfrontados é unha nova funcionalidade do catálogo de patrimoniogalego.net. O seu obxectivo é dotar ao catálogo dunha ferramenta que permite coñecer a evolución do estado de conservación dos bens do patrimonio cultural galego a través da comparación simultánea entre as fotografías aéreas do ‘voo americano’ de 1956 e a actualidade. Poderás observar a profunda transformación do territorio galego neste tempo e, en moitos casos, a degradación de numerosos bens do patrimonio cultural.
Comproba a nova funcionalidade nos Mapas enfrontados.