Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña
Parroquia: Santiago
Lugar: Porto da cidade da Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Restos arqueolóxicos dun dos baluartes que formaban parte do sistema defensivo da cidade da Coruña na Idade Moderna (século XVIII), nun momento histórico no que o porto desta cidade tiña unha importancia crucial para o reino de España, especialmente, polo comercio de ultramar. Hai que poñelo en relación cos outros restos existentes das murallas do paseo do Parrote-As Ánimas-Maestranza, o xardín de San Carlos e o Castelo de San Antón, que defendían a badía coruñesa


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Soraluce Blond; Castillos y fortificaciones de Galicia. A Coruña, 1985


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Os restos deste baluarte atopáronse con motivo das escavacións arqueolóxicas realizadas no peirao do Parrote por mor dun proxecto de aparcamento soterrado neste lugar da cidade. O aparcamento está pendente de aprobación por parte de Patrimonio da Xunta.


Onde está localizado

Latitude: 43.36815197023573
Lonxitude: -8.394670486450195
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84