Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro, Taxes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de sete muíños de río situados á beira do regato Longarela. Para chegar a eles debemos chegar primeiro á Igrexa Parroquial de Louro, dende onde colleremos a pista forestal que leva a Taxes. Todos eles de forma rectangular e só unha planta de altura, os muros feitos de cachotería, empregando algunha peza de cantería na portada, a cal, na maioría dos casos, consta tamén dun pousadoiro chantado na parede. Os teitos son todos a unha soa auga. Hainos de dous tipos, cubo e canle, sendo a canle destes últimos de moi corta duración (menos de 15 metros) debido a cercanía do regato. Durante a segunda metade do século pasado deixaron de empregarse provocando o seu abandono, ao que se xuntou que a propiedade era comunal: dividíase en pezas non sendo sempre a partes iguais. A día de hoxe atópanse catro deles nun pésimo estado de conservación, sen tellado e coas paredes esborrallándose por partes, as canles que conducían a auga ata o muíño desapareceron por tramos, debido a construción da pista forestal por enriba do camiño. Tan só tres deles foron restaurados, púxoselle tellado e porta, as paredes encintáronse e foron repostas as moas gardando un bo estado na actualidade, aínda que a maleza xa cobre ao conxunto e require unha actuación de limpeza.
No PXOM de Muros do ano 2010 aparecen mal catalogados, defínenos como muíños de Louro sen poñer a cantidade deles nin as súas ubicacións e aparece a foto do muíño de A Lavandeira, sendo este un exemplo situado ao carón das vivendas e que se atopa só.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA021.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7690893809
Lonxitude: -9.08803224564
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84