Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Redondela
Parroquia: Cedeira (Santo André)
Lugar: Rande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro situado nunha propiedade privada aínda que no pasado se atopaba enriba do muro ata que se ensanchou a estrada.
Nace sobre unha base cúbica coas arestas rebaixadas. Nela aparece unha lenda que pouco lexible nalgunhas parte, que di: “…POR LO QUE MANDARON PONER ESTA YNSINIA D. ITACIO GONZALES Y CONSORTE COMO HEREDEROS SUYOS”.
O varal e os brazos do cruceiro son de sección cadrada coas arestas rebaixadas.

Segundo recolle o blog “Anecdotario Redondelán” o cruceiro “foi erexida polo accidente dun carruaxe no que viaxaba un cura. No Inventario Municipal de Redondela aparece como feito no 1800”.

Como se pode ver nas fotos, o cruceiro está “acompañado” de dous postes da luz.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/cruceiros-e-petos-i/

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2869626824
Lonxitude: -8.64969889834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84