
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Mondariz
Parroquia: Gargamala (Santa María)
Lugar: Vedrelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas situado no interior dunha edificación.
O peto consta dunha fornela protexida cun enreixado metálico, con arco de medio punto e remate en cruz pétrea.
No interior podemos ver un retablo policromado composto dun conxunto de 5 almiñas entre o lume do Purgatorio, Na parte superior vemos un Cristo crucificado.
Ao carón da cruz existe unha lenda que di:
“ACORDAOS DE LAS ALMAS BENDITAS CON ORACIONES Y BUENAS OBRAS”.
A edificación que garda ao peto está feita en perpiaño granítico, de planta cadrada e muros enfoscados, e cuberta a dúas augas.
No muro fronte ao peto existe unha pequena cruz (http://patrimoniogalego.net/index.php/101764/2019/02/cruz-de-vedrelos/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
PXOM Concello de Mondariz – Aprobación inicial ano 2012 (Ficha E_006)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2486171233Lonxitude: -8.45631736547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84