Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros, Praza de Santa Rosa
Outra denominación do ben: Cruceiro da Praza do Cristo
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

No centro da praza de Santa Rosa, ou do Cristo, atópase este cruceiro de gran fuste e fermosura. A base, do chamado estilo toscano, aséntase sobre catro gradas (a inferior desapareceu debido ao enlousado novo da praza), o fuste de gran altitude comeza sendo cuadrangular para rematar oitavado dando paso a un capitel de forma cadrada decorada con motivos vexetais e anxos. A cruz de brazos cilíndricos sostén a un Cristo despegado da Cruz e suxeitado polos cravos, na parte traseira vese unha imaxe das Dores sostida por unha mensuliña. Sabemos que pertence ao ano 1789 e tamén nos informa Ramón de Artaza que para o enlousado primeiro da praza foron empregadas as lousas da antiga parroquial de San Pedro sendo visibles, segundo el, varias con signos que ben poderían pertencer o Gremio de Mareantes da Vila.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Artaza Malvárez, Ramón. Recuerdos de la muy leal, muy noble y muy humanitaria villa de Muros Muros. Imprime el Eco De Santiago, 1908.

Artaza Malvárez, Ramón.Historia de Muros y su distrito .- 2ª edición.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7757714773
Lonxitude: -9.05945062637
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84