Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cuntis
Parroquia: Arcos (San Breixo)
Lugar: A Casiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que nace sobre unha base de recente factura.
A fornela, protexida por unha porta metálica, posúe arco de medio punto e pilastras laterais. Na parte baixa vemos o caixón das esmolas con tampa metálica No seu interior podemos ver un retablo pétreo no que aparecen varias imaxes: no centro vemos a Virxe que suxeita ao Neno cunha man e a bola do mundo coa outra; aos lados aparecen dous santos.
Na curvatura exterior da fornela existe unha inscrición moi erosionada.
O conxunto remata cunha cruz sobre unha base moldurada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez no seu libro, o peto posiblemente tivera un pequeno retablo de madeira situado na parte baixa do retablo feito en pedra.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.concellodecuntis.es/index.php/etnografico/cruceiros-e-petos-de-animas
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6700252198Lonxitude: -8.54428338229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84