Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: A Xestosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Petróglifo descuberto nos anos 50 do século pasado por Ramón Sobrino Lorenzo Ruza, e redescoberto recentemente polo investigador e arqueólogo Antonio Costa.
Os gravados se situán en dúas pequenas rochas graníticas con certa caída. Na pedra de maior tamaño vemos dúas alabardas de follas triangulares de punta redonda, varias figuras xeométricas, cazoletas e cruciformes.
No lateral esquerdo podemos ver cinco probables follas de puñal das cales tres parecen presentar nervaduras.
A pedra de menor tamaó presenta coviñas e sucos, todos eles moi erosionados.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://covadeparalaia.blogspot.com/2018/09/opetroglifo-da-cachada-poio-irmandade.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O petróglifo atópase nun cortalumes. A pedra posúe diferentes danos provocados polas cadeas de desbroce.
Onde está localizado
Latitude: 42.4416460007Lonxitude: -8.66567276242
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84